no hay nostalgia peor
que añorar lo que nunca jamás sucedió
- Sabina
que añorar lo que nunca jamás sucedió
- Sabina
Abre un paraugas Susana, aínda que non chova. Abre un paraugas e soña, pecha os teus ollos, imaxina o son das gotas, o cheiro do orballo cando cae sobre as herbas, imaxina unha cantiga burbullante, un sorriso no campo, un hórreo cheo de traballo. Abre un paraugas e espera, e mentres tanto respira, fala esta lingua que amas, as palabras que che espremen as bágoas, e espera. Chea unha cunca con viño e bebe sen présa, Susana, que o tempo é sempre egoísta. Abre un paraugas esta noite, como o abro eu cada mañá. Xa choverá na Galiza, Susana, xa choverá, e vas mollarte os pés, como se mollarán os meus.